Como podo pedir cita?

Pode escribirnos a través do formulario de contacto, chamarnos por teléfono ou enviarnos unha mensaxe por WhatsApp. Responderémoslle o antes posible para concertar unha reunión, se así o desexa, ou para facer unha análise preliminar.

Canto custan os seus servizos?

Os honorarios dependen do tipo de asunto e da súa complexidade e deberán ser calculados polo profesional. Antes de comezar calquera xestión informarémolo acerca do custo previsible e entregarémoslle unha folla de encargo por escrito, para que saiba en todo momento a que se compromete. É posible tamén que teña que asumir custos para peritacións ou outras provisións de fondos. Tentaremos informarlle de todo da maneira máis clara e concisa posible.

En que áreas do dereito traballa SAVIG?

Os nosos profesionais están capacitados para actuar na defensa de todos os seus clientes en calquera ámbito do dereito. En especial, centrámonos en asuntos da orde civil (herdanzas, reclamacións de débedas impagadas, etc.), dereito mercantil e do consumidor e dereito administrativo (reclamacións por danos fronte á Administración pública, asuntos de estranxeiría, etc.). Na páxina de Áreas de práctica ten o detalle de cada unha. Se o seu caso non encaixa nelas, consúltenos igualmente e dirémoslle se podemos axudarlle.

É confidencial o que lles conte?

Si. Todo o que nos conte, tamén na primeira consulta e aínda que finalmente non nos encargue o asunto, está protexido polo segredo profesional da avogacía.

Enviar unha mensaxe xa me converte en cliente?

Non. Escribirnos ou chamarnos non crea por si mesmo unha relación profesional nin ningún compromiso para vostede. Esa relación só comeza cando aceptamos expresamente o encargo, despois de explicarlle as condicións.

Que documentación debo levar á primeira reunión?

O seu documento de identidade e absolutamente toda a documentación relacionada co asunto: contratos, cartas, notificacións, resolucións, facturas ou calquera outro papel, fotografía ou vídeo do que dispoña. Moitos casos poden resolverse ou non por pequenos detalles, polo tanto sempre é bo que o avogado conte con toda a información por adiantado. Se non está seguro, traia todo e nós revisámolo con vostede.

Podo solicitar asistencia xurídica gratuíta?

Se os seus ingresos están dentro dos límites da Lei 1/1996, de asistencia xurídica gratuíta, pode solicitala no Servizo de Orientación Xurídica do Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo, que valorará o seu caso e, se procede, designará un avogado ou avogada de oficio. En tal caso non poderá escoller o avogado.

Non atopa a súa pregunta?

Contacte con SAVIG e responderémoslle o antes posible.