SAVIG é un despacho de avogados comprometido coa defensa dos dereitos das persoas e das empresas.

Os nosos avogados son verdadeiros apaixonados polo dereito e traballarán para vostede sempre con honestidade. Entendemos que a maioría de veces os motivos que levan a acudir a un despacho de avogados non son agradables polo que o tacto e a humanidade son valores que aplicamos en todas as interaccións cos nosos clientes.

Equipo

Xosé W. Alonso

Xosé W. Alonso

Avogado, colexiado n.º 4254 ICA Vigo

Graduado en Dereito pola Universidade de Vigo. Apaixoado polo dereito. As miñas áreas de interese son o Dereito de sucesións, o Dereito administrativo e fiscal e o Dereito de empresa. Colaboro con Iuris Vigo en asuntos para grandes aseguradoras.

Ver perfil en LinkedIn
Alexandre Fortes Álvarez

Alexandre Fortes Álvarez

Avogado, colexiado n.º 4272 ICA Vigo

Graduado en Dereito pola Universidade de Vigo e Máster de Acceso á Avogacía pola UNED. Avogado colexiado en Vigo, con especial interese en Dereito de Estranxeiría, Familia, Laboral, Administrativo e Penal.

Ver perfil en LinkedIn

Cada avogado exerce de forma independente, SAVIG tan só é unha marca comercial, polo momento. Máis información no Aviso legal.

Falemos do seu caso

Contacte con SAVIG e responderémoslle o antes posible.